As adquisicións temporais de Valores del Tesoro son compras destes valores por un período de tempo determinado, -uns días, semanas ou meses-; nestas operacións, o investidor adquire Valores del Tesoro, a un determinado prezo, a unha entidade financeira, quen se compromete a recomprarllos pasado un prazo de tempo (xeralmente por debaixo dun ano), a un prezo fixado de antemán.
O rendemento do investimento será, pois, a diferenza entre o prezo de venda e o de compra do valor. Como ambos os prezos se "acordan" entre as partes ao iniciarse a operación, o comprador coñece a ciencia certa a rendibilidade que lle xerará o investimento.
As operacións con pacto de recompra sobre Valores del Tesoro poden tomar dúas formas: as coñecidas como repos, e as simultáneas, operacións moi semellantes en todos os aspectos, aínda que os "repos" adoitan ser os máis frecuentemente utilizados polo pequeno investidor.