Os saldos resultantes da subscrición de Valores del Tesoro aboaranse nas contas dos seus titulares o mesmo día da emisión. A partir dese mesmo día, tales saldos serán mobilizables polos Titulares de Conta, mediante operacións no mercado secundario ou mediante transferencias de valores.
Os saldos de particulares subscritos a través dunha Entidade Xestora, serán igualmente aboados na conta desta, o día da emisión.
Se a subscrición dos saldos de particulares se formalizou a través dun axente colocador distinto da Entidade Xestora designada como domiciliataria, ou ben se tramitou directamente nunha das sucursais do Banco de España, indicándose unha domiciliación distinta á das Contas Directas no Banco de España, o abono na conta da Entidade Xestora domiciliataria terá lugar en data posterior, unha vez que a Central de Anotacións lle comunicara a cada entidade afectada o detalle dos importes e os datos identificativos dos subscritores domiciliados nesa entidade.