Skip to main content

Modalidades

Dende 1990, data na que aparecen os Fondos de Investimento en valores do Tesouro, Fondtesoro, existiron dous tipos de Fondtesoro: os Fondtesoro FIM e os Fondtesoro FIAMM. Estas modalidades de Fondtesoro investían case exclusivamente (o 90%) nos diferentes valores emitidos polo Tesouro.

A partir de xuño de 1999, creáronse tres novas modalidades de Fondtesoro: os Fondtesoro Renda FIM, Renda FIAMM e os Fondtesoro Plus FIM, nas que se ampliaron as posibilidades de investimento en valores distintos aos Valores do Tesouro, permitindo o investimento ata unha porcentaxe determinada da súa carteira en valores de renda variable e de renda fixa privada que gocen dunha calidade crediticia axeitada.

A finais de 2006 leváronse a cabo unha serie de modificacións nos Fondtesoro:

  • Redúcense os cinco tipos de convenios a só tres: FONDTESORO longo prazo FI (que engloban aos Fondtesoro FIM e Rendas FIM),FONDTESORO curto prazo FI (antigos Fondtesoro FIAMM e Renda FIAMM) e FONDTESORO PLUS FI,o que facilita a comprensión por parte do investidor e redunda, así mesmo, nunha maior transparencia.
     
  • Dáse maior liberdade aos xestores deste tipo de fondos respecto da súa política de investimento, ao que se suma unha rebaixa na aplicación de comisións máximas en consonancia coas tendencias de mercado. (Ver comisións).
     
  • Nos Fondtesoro permítese a creación de compartimentos de fondos ou a admisión de distintas clases de participacións no mesmo Fondo.

A finais de 2008 ampliáronse as posibilidades de investimento dos Fondtesoro permitíndolles investir nos bonos emitidos polos “FTVPO” que conten co aval do ICO.
Deste xeito, actualmente, os Fondtesoro poden beneficiarse dunha variedade máis ampla de activos en que investir o seu patrimonio, o que lles permite diversificar a súa carteira e potenciar a súa rendibilidade sen afectar a ningunha das súas características principais, é dicir, mantendo o seu alto nivel de liquidez e de seguridade.

fondo poderá actuar en mercados a prazo ou de instrumentos financeiros derivados. Estes últimos poderán ser utilizados como instrumentos de cobertura, como mecanismo para unha xestión óptima da carteira ou encamiñada á consecución dun obxectivo concreto de rendibilidade.

A principal diferenza entre as distintas modalidades de fondos é a política de investimento que deben seguir:

  • 1.- "Fondtesoro a largo plazo, FI"
  • 2.- “Fondtesoro a corto plazo, FI”

O Folleto dos Fondtesoro a longo ou a curto prazo esixe que o 70 por 100 do patrimonio do Fondo estea investido en Deuda del Estado en euros, en calquera das súas modalidades: Bonos y Obligaciones del Estado, Letras del Tesoro, operacións con pacto de recompra sobre Valores del Tesoro ou en títulos emitidos por FTPymes avalados polo Estado e/ou en bonos emitidos polos FTVPO que conten co aval do ICO. Estes dous últimos ata un máximo do 20% do patrimonio do fondo.

Así mesmo, o Fondo poderá investir un máximo do 30% da exposición total do fondo noutros valores de renda fixa, distintos da Deuda del Estado, negociados nun mercado regulado e que conten cunha cualificación de solvencia non inferior á do Reino de España emitida ou referendada por unha axencia de cualificación crediticia, así como en depósitos en entidades de crédito que teñan recoñecida esa cualificación

O investimento mínimo inicial para entrar non pode superar os 300 €. O partícipe pode liquidar o seu investimento (esixir o reembolso das súas participacións) en calquera momento; unha vez que se dá aviso á Sociedade Xestora, esta deberá reembolsar o importe correspondente ao partícipe nun prazo máximo de 72 horas.

O fondo poderá actuar en mercados a prazo ou de instrumentos financeiros derivados. Estes últimos poderán ser utilizados como instrumentos de cobertura, como mecanismo para unha xestión óptima da carteira ou encamiñada á consecución dun obxectivo concreto de rendibilidade.

O que diferenza os Fondtesoro a longo prazo FI dos curto prazo FI é a duración obxecto da súa carteira, así nos Fondtesoro a longo prazo FI será superior a doce meses mentres que nos Fondtesoro a curto prazo FI non pode superar os doce meses.

"Fondtesoro Plus, FI"

Debe investir o 70 por 100 do patrimonio en Deuda del Estado en euros, en calquera das súas modalidades: Bonos y Obligaciones del Estado, Letras del Tesoro, operacións con pacto de recompra sobre Valores del Tesoro. Dentro desa porcentaxe tamén pode estar investido en títulos emitidos por FTPymes avalados polo Estado e/ou en bonos emitidos polos FTVPO que conten co aval do ICO, e/ou en emisións do “FROB” e/ou en emisións do “FADE” e/ou en Débeda emitida directamente polo ICO en euros e/ou en créditos do Fondo para financiar o pagamento a provedores (FFPP) cando se convertan en bonos, ata o límite do 30 por 100 do patrimonio do fondo.

Así mesmo, o Fondo poderá investir un máximo do 30% da exposición total do fondo noutros valores de renda fixa, distintos da Deuda del Estado negociados nun mercado regulado e que conten cunha cualificación de solvencia non inferior á do Reino de España emitida ou referendada por unha axencia de cualificación crediticia, así como en depósitos en entidades de crédito que teñan recoñecida esa cualificación mínima e en instrumentos do mercado monetario que cumpran ese requisito, e en valores de renda variables negociados nun mercado regulado da Unión Europa, todos eles denominados en divisas de países da Unión Europea.

O fondo poderá actuar en mercados a prazo ou de instrumentos financeiros derivados. Estes últimos poderán ser utilizados como instrumentos de cobertura, como mecanismo para unha xestión óptima da carteira ou encamiñada á consecución dun obxectivo concreto de rendibilidade.

O investimento mínimo esixido inicialmente aos partícipes non será superior a 300 €.