Fondtesoro son unha modalidade especial de Fondos de Investimento que invisten gran parte do seu patrimonio en Valores del Tesoro. Polo tanto, supoñen para o investidor (denominado partícipe no fondo de investimento) unha forma indirecta de investir en Valores del Tesoro: en lugar de manter directamente estes valores, se posúen participacións nun fondo de investimento, que pola súa vez é quen mantén na carteira Valores del Tesoro.
Os Fondtesoro son promovidos e administrados por Sociedades Xestoras que, tras un proceso de selección, asinaron co Tesoro Público un convenio de colaboración que os obriga a cumprir determinadas condicións, en particular, investir unha determinada porcentaxe en Valores del Tesoro, non exceder uns topes máximos nas comisións e gastos cargados ao Fondo e ao partícipe, e non esixir cantidades moi altas para poder ser partícipe. A cambio, o convenio permítelles usar a marca Fondtesoro e gozar do apoio publicitario do Tesoro Público
Os Fondtesoro, actúan sempre en réxime de capitalización polo que, en lugar de distribuír entre os seus partícipes os rendementos que reciben polos valores da súa carteira, reinvístenos; este feito aos partícipes beneficiarse dun trato fiscal favorable das rendas obtidas que non tributan mentres non se produza o reembolso das participacións (ver Vantaxes dos Fondtesoro).
O investimento nos Fondtesoro está aberto a todas as persoas que o desexen e que estean dispostas a efectuar o investimento mínimo correspondente. Este mínimo non pode superar os 300 €. Na práctica, as Sociedades Xestoras fixaron na maioría dos Fondtesoro cantidades inferiores.
A principal vantaxe dos Fondos de investimento é a súa liquidez: o partícipe pode retirarse, en parte ou totalmente, do Fondo en calquera intre. O único que cómpre facer é solicitar á Sociedade Xestora o reembolso das súas participacións. As Sociedades Xestoras teñen que reembolsar as participacións dos partícipes que o soliciten nun prazo máximo de setenta e dúas horas. Na práctica, as Sociedades Xestoras o fan nun prazo menor. Para garantir esta liquidez, as Sociedades Xestoras teñen que manter unha parte dos recursos do fondo en efectivo, con vistas a atender as solicitudes de reembolso. No caso de que o investidor solicite un reembolso superior a 300.506,05 € as Sociedades Xestoras poderán requirir un aviso previo de dez días.
Os Fondtesoro son ademais un investimento seguro. Por unha parte, polo feito de que os Fondtesoro invisten gran parte do seu patrimonio en Valores del Tesoro; por outra parte, pola supervisión a que son sometidas as Sociedades Xestoras pola Comisión Nacional do Mercado de Valores. Ademais, o Tesoro Público vixía o cumprimento das cláusulas do convenio que ten subscrito con estas entidades en aspectos como composición da carteira, comisións, información, etc.
Ademais de seguro, o investimento en Fondtesoro tamén é atractivo polas súas comisións competitivas que foron limitadas no actual convenio Fondtesoro (ver Comisións).