Skip to main content

Preguntas Frecuentes

Cando hai que declarar?

A presentación do modelo ha de ser, en todo caso, anterior á realización do movemento.

Que se debe declarar?

Débense declarar os movementos de efectivo, cheques bancarios ao portador e/ou de calquera outro medio físico, naqueles movementos de entrada e saída do territorio nacional por un importe igual ou superior de DEZ MIL EUROS (10.000€) ou o seu equivalente en moeda estranxeira. Tamén existe a obrigación de declarar os movementos de efectivo, realizados no interior do noso país, por un importe igual ou superior de CEN MIL EUROS (100.000€) ou o seu equivalente en moeda estranxeira.

Cantidades que requiren declaración

Para movementos de entrada ou saída de España, de cantidades iguais ou superiores a DEZ MIL EUROS (10.000€).

Para movementos polo interior de España, de cantidades iguais ou superiores a CEN MIL EUROS (100.000€).

Quen ten a obrigación de declarar?

Está obrigada a presentar a declaración a persoa física que transporte os fondos, independentemente de que actúe por conta propia ou de terceiro.