Skip to main content

Transaccións económicas co exterior

Movementos de capitais e transaccións económicas co exterior

 

Son libres calquera acto, negocio, transacción e operación entre residentes e non residentes que supoñan ou de cuxo cumprimento poidan derivarse cobros e pagos exteriores, así como as transferencias de ou ao exterior e as variacións en contas ou posicións financeiras debedoras ou acredoras fronte ao exterior, sen máis limitacións ca as dispostas nesta lei e na lexislación sectorial específica  (artigo 1.2 da Lei 19/2003, do 4 de xullo).

O Tratado Constitutivo da Unión Europea proclamou tal liberdade, logrando así unha equiparación coas restantes liberdades comunitarias básicas. Incluso se vai máis alá, cando o artigo 56 do Tratado Constitutivo da Comunidade Europea non só prohibe as restricións aos movementos de capitais e aos pagamentos entre Estados membros, senón tamén entre estes e terceiros países.
En liña co Tratado Constitutivo, o principio de liberdade dos movementos de capitais, recolle, desde un punto de vista obxectivo, o que ha de entenderse por transaccións económicas co exterior.
Desde unha óptica subxectiva, o criterio fundamental en materia de movementos de capitais é o da residencia, cuxos conceptos (de residente e non residente, en España) se definen no artigo 2 da Lei 19/2003, do 4 de xullo.
Ao mesmo tempo, o propio Tratado, no seu artigo 58.1.b), recoñece o dereito dos Estados membros a establecer procedementos de declaración de movementos de capitais para os efectos de información administrativa ou estatística, ou tomar medidas xustificadas por razóns de orde pública ou de seguridade pública.
Os actos, negocios, transaccións e operacións, así como as transferencias de ou ao exterior deberán ser declarados.