Skip to main content

Vantaxes

 As vantaxes dos Fondtesoro son en primeiro lugar as propias dos fondos de investimento:

1.  Permiten ao investidor gozar dunha xestión profesionalizada do seu aforro e diversificar o seu investimento

Aínda que o investidor tamén pode diversificar comprando gran cantidade de Valores do Tesouro distintos, isto suporíalle uns custos considerables e requiriríalle investir unha gran cantidade de diñeiro; os Fondtesoro permítenlle, mesmo cunha cantidade investida relativamente reducida, adquirir unha participación en todos os Valores do Tesouro que o Fondtesoro teña na súa carteira, así como, noutros valores de renda fixa privada e renda variable. Isto pode beneficiar ao investidor de dous xeitos:

  • Fronte aos Bonos e Obrigas, unha carteira ben diversificada adoita presentar un valor de mercado menos sensible a variacións do tipo de interese que os Bonos e Obrigas individuais.
     
  • Fronte ás Letras, existe unha segunda vantaxe: mentres que para adquirir unha Letra é necesario dispor dun importe próximo a 1.000 euros, para adquirir unha participación nun Fondtesoro son necesarios tan só 300,00 € ou menos.
     
  • Ademais os Fontesoro PLUS, permiten conxugar as vantaxes de Débeda Pública coas da Renda variable.

2.  As vantaxes fiscais dos fondos de investimento

Os FondTesoros xeran ganancias ou perdas patrimoniais no momento da tramitación ou reembolso das participacións. A parte das ganancias patrimoniais xerada con anterioridade a 20 de xaneiro de 2006 e derivada de participacións adquiridas antes do 31 de decembro de 1994 reducirase nun 14,28% por cada ano de permanencia que exceda de dous (1). Para estes efectos, o número de anos de permanencia será o comprendido entre a data de adquisición das participacións e o 31 de decembro de 1996, redondeado por exceso.

A ganancia patrimonial xerada polo Fondtesoro tributará ao tipo de gravame da renda do aforro 19% ata 6.000 €, do 21% desde esa cifra ata os 50.000 € e do 23% a partir de 50.000 € estando suxeita a unha retención do 19% por conta do Imposto.

A estas vantaxes, propias dos fondos de investimento en xeral, únenselles as propias dos Valores do Tesouro: a mellor combinación de seguridade e rendibilidade (ver vantaxes dos Valores do Tesouro).

-  Así a todo, tamén cómpre prestar atención a algúns aspectos do investimento en Fondtesoro, que son comúns aos de calquera fondo de investimento. Fronte á alternativa de investir directamente en Valores do Tesouro, poderían mencionarse dous posibles desvantaxes:

- As comisións adoitan ser superiores ás que cobraría unha entidade xestora por manter Valores do Tesouro por conta do investidor (aínda que a cambio o investidor obtén os beneficios de diversificar o seu investimento).

- Os Fondtesoro reflicten no seu valor liquidativo as variación dos prezos no mercado, polo que o seu valor liquidativo pode aumentar ou diminuír diariamente. Así, fronte á alternativa de adquirir directamente Valores do Tesouro e mantelos ata o vencemento, a situación sería a seguinte :

  • Fronte a Bonos e Obrigas, unha carteira ben diversificada adoita presentar un valor de mercado menos sensible a variacións da taxa de xuro que os Bonos e Obrigas individuais.
     
  • través dun Fondtesoro, o investidor adquire a prezos de mercado unha participación na carteira do fondo; cando desexa que a súa participación sexa reembolsada, o importe que se lle devolve é o valor de mercado da súa participación, é dicir, a súa porcentaxe de participación no fondo multiplicado polo valor de mercado da carteira de valores do fondo. Ao reembolsar a prezo de mercado asume o risco de que, segundo a evolución dos tipos de xuro, o prezo de mercado de venda sexa inferior ao de compra e, daquela pode experimentar unha perda no seu investimento ou pola contra, pode igualmente ocorrer que o prezo de mercado no momento da venda sexa superior ao da compra e neste caso obterá unha rendibilidade positiva. Esta rendibilidade é superior nos fondos a longo prazo fronte aos de curto prazo.



(1) A redución está limitada á parte das ganancias que correspondan a elementos patrimoniais que lles resultase de aplicación os coeficientes de abatemento, transmitidos desde o 1 de xaneiro de 2015, cuxo valor de transmisión conxunto non exceda 400.000 euros.