Bono

Explicación termino
É un valor que ten vencemento a medio ou longo prazo, e que xera rendibilidade para o investidor normalmente a través de pagamentos periódicos (cupóns) ata o momento do seu vencemento, no que se aboa o valor de amortización do bono e se paga o derradeiro cupón. Dentro dos Valores do Tesouro, tanto os Bonos como as Obrigas do Estado responden a estas características: os Bonos do Estado emítense a prazos de entre 2 e 5 anos e as Obrigas a prazos superiores aos 5 anos.