É o emisor dos valores de Débeda do Estado e como tal é o encargado de
- 1. Elaborar o calendario de poxas
- 2. Convocar cada unha das poxas, fixando o cupón anual dos bonos
- 3. Resolver as poxas, determinando o volume que se van emitir e o rendemento dos valores
O seu papel no Mercado de Débeda consiste fundamentalmente en cubrir as necesidades de financiación do Estado ao menor custo posible mantendo un nivel de risco limitado.
Os seus principais obxectivos son:
1. Conseguir fluxos de financiación estables. Para iso :
- Establece un ritmo de emisión coñecido e estable con anuncio dos obxectivos de colocación.
- Controla o risco de refinanciación con emisións a medio e longo prazo.
- Asegura a transparencia informativa mediante a elaboración de calendarios de emisión e a comunicación das estratexias de financiación que se van levar a cabo.
- Suaviza o perfil de vencementos mediante políticas de trocos e recompras.
2. Reducir o custo da financiación. Para iso ten a capacidade de xestionar a súa débeda a través de:
- Políticas de emisión ao longo da curva.
- Políticas de recompras.
- Operacións de swaps de xuros.
3. Manter un axeitado grao de liquidez no mercado
Aumentando o tamaño das emisións por riba dos 10 millardos de euros.
Trocando e recomprando emisións pouco líquidas para concentrar as referencias de débeda nun número reducido.
4. Ofrecerlles aos investidores instrumentos financeiros atractivos
Adapta os activos emitidos aos xuros dos investidores (strips , obrigacións a 30 anos, liñas de crédito mobilizables con Letras del Tesoro, etc.).