Explicación termino
Valor de renda fixa emitido baixo par, cuxa remuneración explícita se percibe integramente no momento da súa amortización en forma dun prezo de reembolso igual ao par. A súa principal característica financeira é que a súa duración é idéntica ó seu vencemento, o que fai que o seu valor de mercado sexa especialmente sensible ás variacións da taxa de xuro. Por outra parte ao non ter un cupón explícito, o seu tratamento fiscal en moitos países é diferente ao dos bonos habituais, na medida en que tributa como unha ganancia de capital.