Skip to main content

REPO

Explicación termino
(Tamén coñecida como “compravenda con pacto de recompra”) Operación consistente na compravenda dun valor co compromiso de desfacela nunha data posterior e a un prezo determinado de antemán. Consiste nun só contrato. Así pois, nunha repo a data fixa o activo financeiro obxecto da operación repo é transmitido do vendedor inicial ao comprador inicial na data de contratación, para na data de termo ser transmitido de novo, pero ao revés (do comprador inicial ao vendedor inicial). Se é unha repo á vista a transmisión producirase en calquera momento durante o período.