Son valores emitidos polo Tesoro a un prazo superior a dous anos. Bonos del Estado e Obligaciones del Estado son iguais en todas as súas características salvo o prazo, que no caso dos Bonos oscila entre 2 e 5 anos, mentres que nas Obrigacións é superior a 5 anos. Teñen as seguintes características:
Son títulos con xuro periódico, en forma de cupón, a diferenza das Letras del Tesoro, que pagan os xuros ao vencemento.
O valor nominal mínimo que pode solicitarse nunha poxa é de 1.000 euros, (166.386 pesetas) e as peticións por importes superiores teñen que ser múltiplos de 1.000 euros. Ademais, o valor nominal mínimo que pode negociarse é de 1.000 euros.
As emisións destes valores lévanse a cabo mediante sucesivos tramos co fin de alcanzar un volume en circulación elevado que asegure que os valores sexan moi líquidos.
Emítense mediante poxa competitiva.
O cupón que devenga págase cada ano e representa o tipo de xuro "nominal" do Bono ou a Obrigación.
Na actualidade o Tesoro emite:
- Bonos a tres e cinco anos.
- Obrigacións a diez, quince e trinta anos.