Transaccións económicas co exterior: Réxime sancionador

RÉXIME SANCIONADOR
Polos feitos constitutivos de infracción, recollidos na Lei 19/2003, do 4 de xullo, darán lugar á imposición de sancións ás persoas físicas ou xurídicas responsables.
As INFRACCIÓNS, previstas no artigo 8 da Lei 19/2003, do 4 de xullo, clasifícanse en:

  • Infraccións moi graves (artigo 8.2)
  • Infraccións graves (artigo 8.3)
  • Infraccións leves (artigo 8.4)

Pola comisión de infraccións, poderanse impoñer as seguintes SANCIÓNS (artigo 9 da Lei 19/2003):

  • Pola comisión de infraccións moi graves:
    • Multa, entre 30.000 € e o contido económico da operación, e
    • Amoestación pública ou privada.
  • Pola comisión de infraccións graves:
  • Multa, entre  6.000 € e a metade do contido económico da operación, e
  • Amoestación pública ou privada.
  • Multa, entre  3.000 € e un cuarto do contido económico da operación, e
  • Amoestación privada.
  • Pola comisión de infraccións leves:

 
PROCEDEMENTO SANCIONADOR.

  • A competencia para a incoación e instrución dos procedementos sancionadores, corresponderá á Secretaría da Comisión de Prevención do Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias.
  • A competencia para a imposición das sancións correspondentes, rexerase por:
    • A imposición de sancións por infraccións moi graves, corresponderá ao Consello de Ministros, a proposta do Ministro de Economía.
    • A imposición de sancións por infraccións graves, corresponderá ao Ministro de Economía, a proposta do Secretario de Estado de Economía.
    • A imposición de sancións por infraccións leves, corresponderá ao Secretario Xeral do Tesouro e Política Financeira, a proposta do instrutor.

O procedemento sancionador das infraccións será o previsto, con carácter xeral, para o exercicio da potestade sancionadora das Administracións públicas, coas adaptacións que regulamentariamente se establezan.