Política de privacidade


1.1. Para cumprir co establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e no Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informámolo de que cubrir calquera formulario existente na web ou a remisión dun correo electrónico a calquera das nosas caixas de correo implica a aceptación desta política de privacidade, así como a autorización a Tesoro para que trate os datos persoais que nos facilite, nos termos e nas condicións que aquí se indican.

1.2. Os datos do Usuario incluiranse nun ficheiro que é titularidade de Tesoro e declarado ante a Axencia Española de Protección de Datos con código de inscrición nº 2070810525

1.3. O Usuario autoriza a Tesoro a incluír os seus datos nese ficheiro coa finalidade de levar a cabo as operacións financeiras ofrecidas a través do sitio web e, en concreto, para a compra, traspaso e venda de valores, e relacionadas con calquera dos produtos e/ou servizos ofrecidos por Tesoro, como, por exemplo, a consulta das operacións realizadas polo Usuario.

1.4. O Usuario pode exercitar en calquera momento os seus dereitos de acceso,rectificación, cancelación e oposición oportuna ao dirixir unha solicitude por escrito ao seguinte enderezo: Dirección General del Tesoro y Política Financiera(dpto. Publicidad), Paseo del Prado, 6, 28014, Madrid. Deberá incluír unha fotocopia do seu DNI ou Pasaporte ou documento válido que o identifique, e indicar a petición en que se concreta a solicitude, o enderezo para os efectos de notificacións, a data e a súa sinatura, e mais os documentos acreditativos da petición que formula, se é o caso.

1.5. Conforme á lexislación vixente en materia de protección de datos, Tesoro adoptou os niveis de seguridade adecuados aos datos facilitados polo Usuario e,ademais, instalou todos os medios e as medidas ao seu alcance para evitar a perda, o mal uso, a alteración, o acceso non autorizado e extracción destes.

1.6. Tesoro dá por suposto que os datos foron introducidos polo titular ou por unha persoa autorizada por el, así como que son correctos e exactos.

1.7. Correspóndelle ao Usuario a actualización dos seus propios datos. Tesoro non será responsable da súa inexactitude se o Usuario non comunica os cambios que puidesen producirse (por exemplo, cambio de enderezo de correo electrónico).

1.8. Pola simple visita ao sitio web o Usuario non facilita información persoal ningunha nin
queda obrigado a facilitala.

1.9. Tesoro comprométese a gardar a máxima reserva e confidencialidade sobre a información que lle sexa facilitada e a utilizala unicamente para os fins indicados