Pagamentos do Tesouro

A través desta pestana vostede poderá obter o modelo para designar unha conta bancaria na que desexe recibir pagamentos que o Tesouro deba realizarlle, así como dar de baixa contas anteriormente designadas. Estas contas bancarias rexistraranse no Ficheiro Central de Terceiros que contén os datos dos beneficiarios dos pagamentos do Tesouro.

Vostede poderá consultar qué contas bancarias ten dadas de alta no Ficheiro Central de Terceiros a través deste web sempre que sexa persoa física e dispoña de certificado electrónico.

Ademais, vostede poderá acceder ao sistema de consulta de pagamentos do Tesouro a través do que coñecerá os pagamentos percibidos, así como aqueles que vostede teña pendentes de percibir e cuxa proposta fose tramitada completamente polo Ministerio correspondente.