Emisión ao desconto

Explicación termino: 
Modalidade de emisión propia dos valores que non teñen cupóns periódicos. Estes valores comprometen o emisor a realizar un único pagamento na data de vencemento (xeralmente por importe do valor nominal), e por tanto a súa rendibilidade ven dada polo feito de que o investidor os adquire a un valor inferior ao de reembolso; a diferenza entre prezo de adquisición e valor nominal é o desconto e denota a rendibilidade absoluta que obtén o investidor. Dentro da Débeda do Estado española, esta é a forma de emisión das Letras do Tesouro.