Trocos

 Os trocos de Débeda do Estado son unha fórmula utilizada discrecionalmente polo Tesoro para sacar do mercado determinadas referencias de valores, entregando a cambio outras referencias. 

  Los principais obxectivos que o Tesoro pretende alcanzar a través dos programas de troco son:

  • Racionalizar a estrutura de vencementos da Débeda do Estado, eliminando referencias pouco líquidas con reducido prazo de vida residual
  • Alterar o perfil de vencementos da débeda en circulación, alongándoo ou acurtándoo.
  • Conseguir que os bonos segregables alcancen uns importes mínimos en circulación suficientemente elevados, de forma que se asegure un grao de liquidez axeitado para o funcionamento das operacións de segregación e reconstitución dos Bonos y Obligaciones del Estado.
  • Desenvolver o mercado de Débeda Pública, potenciar a súa profundidade e liquidez, co fin de atraer o aforro dos investidores nun mercado de capitais único no seo da Unión Económica e Monetaria Europea, de forma que o Tesoro español poida competir con éxito con outros emisores soberanos desta área.