Letras del Tesoro

  • Son valores de renda fixa a curto prazo representados exclusivamente mediante  anotacións en conta. Creáronse en xuño de 1987, cando se puxo en funcionamento o Mercado de Débeda Pública en Anotacións.
     
  •  As Letras emítense mediante poxa. O importe mínimo de cada petición é de 1.000 euros, e as peticións por importe superior teñen que ser múltiplos de 1.000 euros.
     
  • Son valores  emitidos ao desconto polo que o seu prezo de adquisición é inferior ao importe que o investidor recibirá no momento do reembolso. A diferenza entre o valor de reembolso da Letra (1.000 euros) e o seu prezo de adquisición será o xuro ou rendemento xerado pola Letra do Tesoro.
     
  • Actualmente o Tesoro emite Letras del Tesoro cos seguintes prazos:
     
  •  Letras del Tesoro a 3 meses
  •  Letras del Tesoro a 6 meses
  •  Letras del Tesoro a 9 meses
  •  Letras del Tesoro a 12 meses


Por tratarse de valores a curto prazo, as variacións do seu prezo no mercado secundario adoitan ser bastante reducidas; polo tanto, supoñen un menor risco para o investidor que prevexa ou poida necesitar vender estes valores no mercado antes do seu vencemento.