Bonos y Obligaciones

Son valores emitidos polo Tesoro a un prazo superior a dous anos. Bonos del Estado e Obligaciones del Estado son iguais en todas as súas características salvo o prazo, que no caso dos Bonos oscila entre 2 e 5 anos, mentres que nas Obrigacións é superior a 5 anos.

Os Bonos y Obligaciones del Estado emítense mediante poxa competitiva. O valor nominal mínimo que pode solicitarse nunha poxa é de 1.000 euros, (166.386 pesetas) e as peticións por importes superiores teñen que ser múltiplos de 1.000 euros.

Na actualidade o Tesoro emite:

  • Bonos a 3 anos.
  • Bonos a 5 anos.
  • Obligaciones a 10 anos
  • Obligaciones a 15 anos
  • Obligaciones a 30 anos