Coordinación de emisores públicos

A Subdirección Xeral de Coordinación de Emisores Públicos ten como obxectivo fundamental garantir a coordinación das operacións de endebedamento dos distintos axentes públicos que interveñen nos mercados, garantindo a sustentabilidade das finanzas públicas e  a máxima eficiencia económica, a través de cinco áreas claves de actuación:

  • RELACIÓN CON COMUNIDADES AUTÓNOMAS E ENTIDADES LOCAIS : apoio e asesoramento técnico nas súas operacións de endebedamento, xestión dos mecanismos de apoio do Estado a CCAA e EELL (Fondo de Financiamento a CCAA e Fondo de Financiamento a EELL), así como fixación do principio de prudencia financeira ao que deberán someter esas operacións.
     
  • BANCO EUROPEO DE INVESTIMENTOS:  representación permanente e coordinación da política española no Grupo Banco Europeo de Investimentos.
     
  • XESTIÓN DE AVAIS da Administración Xeral do Estado  e coordinación do endebedamento de organismos do sector público estatal.
     
  • XESTIÓN DO FONDO DE TITULIZACIÓN DO DÉFICIT ELÉCTRICO E ASESORAMENTO A OUTROS FONDOS ESTATAIS  en materia de investimentos, como o Fondo de Reserva da Seguridade Social ou os fondos de titulización de préstamos ás PEMES.
     
  • EDUCACIÓN FINANCEIRA: coordinación das actuacións de educación financeira e representación española na Rede Internacional de Educación Financeira da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico.