Constitución de depósitos y garantías

Se vostede desexa constituír:

a) Un depósito ou garantía en efectivo:

  1. En primeiro lugar deberá obter e completar un borrador do modelo 060: poderá facelo de maneira presencial ou telemática.
  • De forma presencial: deberá descargar o borrador de solicitude de constitución de depósito ou garantía en efectivo (modelo 060), completalo e presentalo na sede central da Caja ou en calquera das súas sucursais.

Se é a primeira vez que vai constituír un depósito ou garantía deberá achegar o DNI (persoas físicas) ou a tarxeta de identificación fiscal (persoas xurídicas). Esta documentación non é necesaria para a constitución de posteriores depósitos ou garantías, agás que se producise algunha modificación.

Cando non sexa o constituínte ou garantido (persoa física) o que se presente persoalmente na Caja ou nalgunha das súas sucursais, quen o faga deberá achegar a AUTORIZACIÓN PARA CONSULTAR O SISTEMA DE VERIFICACIÓN DE DATOS DE IDENTIDADE NA CONSTITUCIÓN OU DEVOLUCIÓN DE DEPÓSITOS OU GARANTÍAS ou ben a fotocopia do DNI do devandito constituínte ou garantido.

A Caja, tras verificar que os datos son correctos, entregaralle tres copias do modelo 060: unha para vostede, outra para a Administración que solicitou o depósito ou a garantía e a última para a entidade colaboradora (bancos, caixas de aforros ou cooperativas de crédito nas que non é preciso ter conta aberta).

  • Por correo electrónico: poderá descargar o borrador de solicitude de constitución de depósito ou garantía en efectivo (modelo 060) , completalo e gardalo como arquivo electrónico en formato pdf. A continuación, deberá achegar o devandito arquivo pdf nun correo electrónico que se enviará a:
  • constitucion-efectivo@tesoro.mineco.es, para garantías en efectivo e depósitos que se vaian constituír en Madrid.
  • Para o resto de provincias, por favor consulte coa Delegación de Economía y Hacienda correspondente.
    Unha vez aceptado o borrador de solicitude de constitución, a Caja  remitiralle por correo electrónico tres copias do modelo 060: unha para vostede, outra para a Administración que solicitou o depósito ou a garantía e a última para a entidade colaboradora (bancos, caixas de aforros ou cooperativas de crédito nas que non é preciso ter conta aberta).

2. A continuación, cando teña o modelo 060 expedido pola Caja deberá realizar o pagamento da contía correspondente. Para iso:

  • Poderá realizar o pagamento a través da Agencia Tributaria. Neste caso, deberá acceder á sede da AEAT: https://www.agenciatributaria.gob.es/ (na páxina web da AEAT deberá ir seleccionando a seguinte ruta de opcións:→ Todos os trámites → Outros servizos → Pagamento de impostos →  Liquidacións).
    Como resultado da liquidación, xerarase un documento NRC (Número de Referencia Completo) que vostede deberá imprimir e entregar, xunto co exemplar do modelo 060 para a Administración, á Administración que solicitou o depósito ou a garantía.
  • Poderá acudir a unha entidade colaboradora, levando as tres copias do modelo 060 que lle entregou a Caja, e realizar o ingreso. O banco devolveralle dúas copias: a súa e a de Administración. Finalmente, deberá entregar á Administración que lle esixe a garantía, a súa copia correspondente
     

b) Calquera outro tipo de garantía: avais, seguros de caución e valores.

Para a constitución dunha garantía mediante aval, seguro de caución ou valores, vostede deberá presentar fisicamente na Caja o documento orixinal de aval, o certificado de seguro de caución ou o certificado de inmobilización da débeda, respectivamente. Presentarase na oficina da Caja onde vaia constituír a garantía, con amaño ao modelo oficial e outorgado por quen teña poderes verificados (noutro caso sería necesario a verificación de suficiencia de poderes previa).

Tras a súa validación por parte da Caja, xeraranse dous xustificantes de constitución da garantía, un para a Administración que lle solicitou a garantía e outro para vostede.

No caso da constitución de garantías mediante aval e seguro de caución, é necesario que quen vai constituír unha garantía coñeza, para poder completalo, os seguintes datos que deben constar no xustificante de constitución:

  1. Nome ou razón social do constituínte ou garantido, domicilio e NIF.

Se é a primeira vez que vai constituír un depósito ou garantía deberá achegar o DNI (persoas físicas) ou a tarxeta de identificación fiscal (persoas xurídicas) Esta documentación non é necesaria para a constitución de posteriores depósitos ou garantías, agás que se producise algunha modificación.

Cando non sexa o constituínte ou garantido (persoa física) o que se presente persoalmente na Caja ou nalgunha das súas sucursais, quen o faga deberá achegar a AUTORIZACIÓN PARA CONSULTAR O SISTEMA DE VERIFICACIÓN DE DATOS DE IDENTIDADE NA CONSTITUCIÓN OU DEVOLUCIÓN DE DEPÓSITOS OU GARANTÍAS ou ben a fotocopia do DNI do devandito constituínte ou garantido.

  1. Norma que impón a obriga de constituír a garantía, finalidade para a que se constitúe e Autoridade a cuxa disposición se constitúe incluíndo necesariamente o NIF (se descoñecen estes datos deberán recadalos de quen lle solicitase a constitución da garantía).