Cancelación e devolución de depósitos e garantías

No caso das garantías, cando a Administración considere que se cumpriu a obriga garantida, esta procederá a solicitarlle á Caja a cancelación da garantía, facéndolle entrega da Orde de cancelación da garantía debidamente completada e asinada.

No caso dos depósitos, cando o beneficiario solicite a devolución, deberá facer entrega na Caja, de xeito análogo ao caso anterior, da Orde de cancelación do depósito debidamente completada e asinada.

Mensaje únicamente para autoridades, no para particulares ni empresas:  A partir del 1 de abril de 2019 las órdenes de cancelación de garantías y depósitos constituidos en Madrid desde el 1 de enero de 2000 se tendrán que emitir de manera obligatoria a través del sistema informático SECAD (Para darse de alta en SECAD deberán enviar este formulario –pinchar aquí- al siguiente correo: altasecad@tesoro.mineco.es).

Para que vostede recupere un depósito ou unha garantía:

  1. Cando se trate dun depósito ou garantía en efectivo:

Vostede deberá designar unha conta bancaria para que o Tesoro lle poida realizar a transferencia polo importe do depósito ou garantía en efectivo. (ligazón a Pagamento do Tesoro: Designación de conta bancaria explicación e modelo)

  1. Calquera outro tipo de garantía: aval, seguro de caución ou valores.

A persoa que vaia retirar o documento orixinal do aval, o certificado do seguro de caución ou o certificado de inmobilización da débeda, deberá presentarse na Caja: na sede central ou na sucursal onde se constituíu a garantía en cuestión.

Esta persoa deberá presentar na Caja o poder notarial ou autorización escrita, con antefirma e selo da empresa, que lle permita retirar a garantía, con indicación do seu nome, NIF e empresa á que representa (no seu caso).