Accesibilidad

A maior parte da información do portal encóntrase en formato XHTML (linguaxe de marcado de hipertexto extensible) estándar, que é accesible para todos os usuarios. Non obstante, o usuario do portal pode encontrarse con outros formatos. Pode accederse á información albergada nestes formatos como se describe a continuación:

Formato PDF:

Hai moitos documentos en formato “Portable Document Format”, que se utiliza xeralmente para preservar o contido e a composición de documentación e publicacións impresas. Para poder visualizar os documentos PDF (extensión .pdf) é necesario utilizar un lector PDF. Pódense atopar lectores de PDF na páxina da Fundación de Software Libre de Europa (FSFE) ou tamén pode utilizar o lector Adobe Acrobat Reader®. Os dous poden descargarse de maneira gratuíta dos seus respectivos sitios web;aínda que a ligazón da FSFE é comercialmente neutra, xa que é unha entidade sen ánimo delucro.

Formato Excel:

Parte da documentación encóntrase en formato Microsoft Excel® (extensións .xls, .csv) e pode ser visualizada directamente se ten Microsoft Excel instalado no ordenador. Para aqueles que non conten con ese software, Microsoft ofrece un visor gratuíto de documentos Excel, que se descarga desde a páxina de Excel Viewer.

Tamén pode utilizarse o visor gratuíto de documentos Excel (Calc) que se encontra en http://www.openoffice.org/es/producto/calc.html da Apache Software Foundation, entidadesen ánimo de lucro orientada á creación de software libre.

No caso dos ficheiros de datos estatísticos publicados en formato .csv consulte as recomendacións de visualización dos ficheiros CSV (Valores separados por coma).