Menú Izquierda
Contenido
SEPA
Área única de pagamentos en euros
-
SEPA (Single Euro Payments Area)
- Sete anos despois da chegada do euro, Europa encara outro novo proxecto, a Zona Única de Pagamentos en Euros, SEPA (Single Euro Payments Area).
O obxectivo da SEPA é facilitar os pagamentos en toda a área de Mercado Único Europeo, en particular as transferencias, os cargos directos e os pagamentos efectuados con tarxeta, de forma que poidan realizarse coa mesma facilidade, eficiencia e seguridade que os pagamentos nacionais internos dos Estados membros.
A Directiva Comunitaria de Servizos de Pagamentos establece o marco xurídico necesario para a creación desta Zona Única de Pagamentos en Euros (SEPA), harmonizando e integrando as lexislacións dos Estados membros.
A SEPA, que nace a iniciativa do Sector Bancario e impulsada polo Banco Central Europeo e pola Comisión Europea, supón a creación de novas infraestruturas para as transferencias e domiciliacións bancarias e de novos estándares para os sistemas de tarxetas.
Esta integración traducirase no uso de estándares comúns en toda Europa e na creación dunha rede de infraestruturas formadas por todas as Cámaras Nacionais de Compensación electrónica de cada un dos Estados membros.
O beneficio non será inmediato pero si a medio e a longo prazo, dado que unha maior competencia de mercado se traducirá na innovación de novos produtos e en mellores prezos e condicións para os usuarios.
