Menu Secundario
Contenido
Entidades de Crédito. Procedementos
Entidades de Crédito. Procedementos (¡)
Relación de documentos que, por triplicado, deberán acompañar as solicitudes de creación de cooperativas de crédito-caixas rurais a presentar ante a Dirección Xeral do Tesouro e Política Financeira:
- 1. Solicitude.
- 2. Acordos sociais (Certificado do Consello de Administración ou Reitor ou da Xunta ou Asemblea Xeral) onde se recolla o acordo ou decisión de levar a cabo o proxecto de constitución da cooperativa de crédito-caixa rural no suposto de persoas xurídicas e/ou escrito de adhesión ao proxecto de constitución no caso de ser persoa física.(¡¡)
- 3.
Proxecto de estatutos sociais nos que, entre outras cousas, expresamente debe constar:
- Denominación da sociedade.
- O obxecto social, limitado ás actividades propias deste tipo de entidade de crédito.
- Duración da sociedade.
- Comezo das operacións.
- O domicilio social, que deberá estar en territorio español.
- O capital social, integramente subscrito e desembolsado, requirido polo artigo 3 do Real decreto 84/1993, de 22 de xaneiro (BOE de 19 de febreiro), en función do ámbito operativo de actuación delimitado estatutariamente.
- O número de achegas mínimas esixidas, diferenciando en función da natureza xurídica dos socios (persoa física ou xurídica).
- Órganos sociais e estatutarios (ou facultativos) da entidade.
- Funcionamento da Asemblea Xeral e do Consello Reitor, con expresión das facultades de cada órgano e, no seu caso, dos restantes órganos establecidos estatutariamente.
- Data de peche do exercicio social, que deberá coincidir co ano natural.
- Limitacións temporais á actividade establecidas no artigo 9 do Real decreto 84/1993.
- 4. Certificación rexistral negativa da denominación social proposta, dos diversos rexistros competentes.
- 5. Programa de actividades en que de modo específico deberá constar:
- O xénero de operacións que se pretenden realizar.
- A organización administrativa e contable.
- Os procedementos de control interno.
- Os procedementos e órganos de control interno e de comunicación que se establezan para previr e impedir a realización de operacións relacionadas co branqueo de capitais.
- Plan de negocio (datos previsionais estimados da viabilidade económica, a 5 anos).
- 6. Regulamento interno de funcionamento do Consello Reitor.
- 7. Regulamento para a defensa do cliente (Orde ECO/734/2004, de 11 de marzo, BOE de 24).
- 8. Manual de procedementos para a prevención de branqueo de capitais e financiamento do terrorismo (Lei 19/1993, de 28 de decembro, BOE de 29, e o seu Regulamento aprobado por Real decreto 925/1995, de 9 de xuño, BOE de 6-7-1995; Lei 12/2003, de 21 de maio, BOE de 22; Lei 19/2003, de 4 de xullo, BOE de 5).
- 9. Relación de socios que van constituír a sociedade, con indicación das súas participacións no capital social:
- Se os socios son persoas xurídicas, indicaranse as participacións no seu capital superiores ao 5 por 100.
- Se os socios van posuír unha participación significativa achegarase:
- os datos económico-financeiros máis relevantes, as contas anuais e informe de xestión, cos informes de auditoría, se os houber, e demais estados esixidos, dos dous últimos exercicios.
- a composición dos seus órganos de administración e a estrutura detallada do grupo ao que eventualmente pertenzan.
- 10. Relación de persoas que van integrar o primeiro Consello Reitor e das que vaian exercer como Directores Xerais ou asimilados, axuntando os "curricula vitae" sobre a súa traxectoria e actividade profesional e os cuestionarios de honorabilidade debidamente cubertos.
- 11. Xustificante de ter constituído na Caixa Xeral de Depósitos ou nalgunha das súas sucursais, encadradas nas Delegacións de Economía e Facenda, un depósito en efectivo ou en Débeda Pública, equivalente ao 20 por 100 do capital social mínimo esixido para a creación da entidade, a disposición da Dirección Xeral do Tesouro e Política Financeira.
De se constituír o depósito en efectivo deberán solicitar na Caixa Xeral de Depósitos ou na sucursal na que o vaian constituír a expedición do correspondente documento de constitución (modelo 060). Unha vez obtido o citado documento, o ingreso do seu importe realizarase en bancos, caixas de aforros ou cooperativas de crédito nas que non é preciso ter conta aberta. No enlace www.tesoro.es <http://www.tesoro.es/> CAIXA XERAL DE DEPÓSITOS - IMPRESOS atoparán un borrador de dito modelo.
De se constituír o depósito en Débeda Pública, deberán presentar na Caixa Xeral de Depósitos ou na sucursal na que o vaian constituír o correspondente certificado de inmobilización da mesma, expedido por IBERCLEAR, a favor da Caixa Xeral de Depósitos. O importe nominal da Débeda inmobilizada debe ser igual ou superior ao 100% da contía do depósito esixido e ter, na data da inmobilización, un valor de realización igual ou superior ao 105% da contía do depósito esixido. A Caixa quedará co certificado de inmobilización e entregará un resgardo de constitución.
Recoméndase que a Débeda inmobilizada teña un prazo de amortización superior a 6 meses desde a data de inmobilización xa que chegada a data de amortización, se a garantía está vixente, IBERCLEAR aboará o seu importe á Caixa, quen constituirá un depósito en efectivo polo importe da Débeda inmobilizada, en substitución do de valores.
A Caixa Xeral de Depósitos en Madrid está no Paseo do Prado 4 e as sucursais nas restantes provincias nas Delegacións de Economía e Facenda, das que atopará os enderezos no enlace <http://www.meh.es/gl-ES/Paginas/Home.aspx> O MINISTERIO- DIRECTORIO - DIRECTORIO DE SERVIZOS PERIFÉRICOS. - 12. En todo caso, durante a instrución do procedemento, caberá esixir aos promotores cantos datos, informes ou antecedentes se consideren oportunos para verificar o cumprimento das condicións e requisitos establecidos na normativa aplicable.
(¡)
A regulación para as "cooperativas de crédito - caixas rurais" atópase principalmente na Lei 13/1989, de 26 de maio, (BOE de 31), no Real decreto 84/1993, de 22 de xaneiro, (BOE de 19 de febreiro), e na Lei 27/1999, de 16 de xullo, (BOE de 17). Ter en conta tamén a normativa propia da Comunidade Autónoma onde a cooperativa de crédito-caixa rural vaia fixar o seu domicilio social.
(¡¡)
Se algún dos accionistas promotores son estranxeiros, deberán presentar para o seu apostillado consular os acordos coa súa tradución e a documentación necesaria para o recoñecemento da sinatura e poderes, de acordo co establecido na Convención da Haia, de data 5 de outubro de 1961.