Contactar

Logotipo del MEH

Contenido

Normas comunitarias en tramitación


N
ormas comunitarias en tramitación en materias relacionadas coa Subdirección Xeral de Lexislación e Política Financeira.

 

Normas NIVEL I.

1. Directiva 2008/48/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 23 de abril de 2008 relativa aos contratos de crédito ao consumo e pola que se derroga a Directiva 87/102/CEE do Consello. 

Obxectivo principal 

Perséguense tres obxectivos fundamentais no ámbito do crédito ao consumo:

- Establecer as condicións necesarias para un auténtico mercado interior.

- Garantir un alto nivel de protección dos consumidores, e

- Aumentar a claridade da normativa comunitaria refundindo as tres Directivas vixentes sobre crédito ao consumo (87/102/CE, 90/88/CE e 98/7/CE).

  • Estado actual

Procedemento de codecisión (artigo 251TCE).

  • Adopción por Comisión (11-09-2002)
  • Transmisión ao Consello (12-09-2002)
  • Transmisión ao Parlamento Europeo (12-09-2002)
  • Debates no Consello de Competitividade (14-11-2002) (19-5-2002)
  • O Parlamento votou as emendas no Plenario o 20-04-2004.
  • Proposta modificada presentada pola Comisión. 28-10-2004.
  • Transmisión ao Consello da proposta modificada (29-10-2004)
  • Transmisión ao P.E. da proposta modificada (29-10-2004).
  • Adopción da proposta modificada (7-10-2005).
  • Debates no Consello (23-11-2005 ao 17-11-2006)
  • COREPER (24 e 29-11-2006)
  • Consello de Competitividade. Informe de progreso (4-12-2006)
  • Debates no Consello baixo Presidencia alemana ata o 10 de maio de 2007.
  • COREPER (17-5-07).
  • Consello de Competitividade. Aprobación da proposta (votos en contra: HOL, GRE. Abstencións: LUX. e BEL.).(21-5-07)
  • Posición Común do Consello (20-09-07)
  • Remisión da proposta ao Parlamento Europeo (21-09-07)
  • Emendas Parlamento Europeo
  • Proposta negociada do Consello (10-01-08)
  • Aprobada polo Parlamento (xaneiro 2008)

Aprobada e publicada no Diario Oficial da Unión Europea o 22 de maio de 2008.

Data límite para a incorporación ao Dereito Español: 12 de maio de 2010.

  •  

2. Directiva 2007/64/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 13 de novembro de 2007, sobre Servizos de Pagamento no Mercado Interior, pola que se modifican as Directivas 97/7/CE, 2002/65/CE, 2005/60/CE e 2006/48/CE e pola que se derroga a Directiva 97/5/CE

  • Obxectivo principal

Establecer un marco común para o mercado comunitario de pagamentos: crearanse as condicións idóneas para a integración e racionalización dos sistemas nacionais de pagamento. A proposta compleméntase coa iniciativa de zona única de pagamento en euros (“Single Euro Payment Area”, SEPA) presentada polo sector empresarial afectado.

Mellorará a competitividade do sector financeiro e da economía no seu conxunto.

  • Estado actual

Celebrouse a primeira reunión do grupo de traballo do consello o 16-1-2006. Produciuse unha primeira aproximación aos temas principais da proposta de Directiva. A Presidencia pediu observacións por escrito para antes do 13-2-2006 e remitíronse por parte de España.

A Presidencia austríaca elaborou novos textos parciais como consecuencia das observacións das reunións de 3 e 26 de abril de 2006. Baixo Presidencia finlandesa, celebráronse reunións o 13 de xullo de 2006 e o 7 e 8 de setembro de 2006, que foi a derradeira do grupo de traballo en pleno. A partir de agora faranse reunións só dos “attachés” financeiros.

Tralas derradeiras reunións de decembro de 2006 constatouse a imposibilidade de chegar a un acordo político antes de fin de ano. A Presidencia alemana programou novas reunións co obxectivo de lograr un acordo final o antes posible.

As derradeiras reunións (semana 5-9 febreiro de 2007) son só dos agregados financeiros. Aprobouse globalmente en COREPER de 14-2-07. O Parlamento aprobou en 1ª lectura o 24-4-07.

- Aprobación polo Consello.
- Xuristas-Lingüistas

Aprobada e publicada no Diario Oficial da Unión Europea o 5 de decembro de 2007.

Data límite para a incorporación ao Dereito Español: 01-11-2009.

 

3. DIRECTIVA 2007/36/CE DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO de 11 de xullo de 2007 sobre o exercicio de determinados dereitos dos accionistas de sociedades cotizadas. 

Obxectivo principal

Facilitar o exercicio transfronteirizo dos dereitos dos accionistas:

  • Garantir que as xuntas xerais se convoquen con suficiente antelación e coa documentación dispoñible.
  • Suprimir todas as formas de bloqueo de accións: no seu lugar, establecer un sistema de rexistro para poder participar na xunta e votar.
  • Suprimir obstáculos legais para participar na xunta por medios electrónicos.
  • Facilitar o voto sen estar presente (representación, voto por correo, instrucións de voto).
     
  • Estado actual

O 13 de febreiro de 2006 tivo lugar a primeira reunión do grupo de traballo do Consello. Fixéronse comentarios xerais de aceptación da proposta, ao tempo que se foron identificando algunhas diverxencias (por exemplo definición de accionista; de contas globais -omnibus- ou determinados aspectos da actividade dos intermediarios financeiros).

A segunda reunión tivo lugar o 10 de marzo de 2006. Continuou o debate cunha primeira lectura do texto. Confirmáronse os aspectos máis discutidos xa sinalados na primeira reunión.

Seguiuse avanzando nas seguintes reunións, celebradas o 7 de abril de 2006 o 16 de maio de 2006 e o 10 de xuño de 2006. Pero o texto segue a discutirse no seu conxunto. A derradeira reunión baixo Presidencia austríaca tivo lugar o 28 de xuño de 2006.

A primeira reunión baixo Presidencia finlandesa celebrouse o 18 de xullo de 2006. Subsisten bastantes reservas. A partir de setembro as reunións faranse só cos “attachés” permanentes.

A partir de xaneiro de 2007, as reunións continuaron a nivel de agregados. Acadouse consenso e aprobación en COREPER do 19 de xaneiro de 2007. O Parlamento aprobou en primeira lectura o 20-02-07.

Foi aprobada, e publicouse no Diario Oficial (DOUE) do 14-7-2007.

Data límite para a incorporación ao Dereito Español: 03-08-2009.


4. DIRECTIVA 2009/44/CE DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO, de 6 de maio de 2009, pola que se modifican a Directiva 98/26/CE sobre a firmeza da liquidación nos sistemas de pagamentos e de liquidación de valores e a Directiva 2002/47/CE sobre acordos de garantía financeira no relativo aos sistemas conectados e aos dereitos de crédito.

  • Obxectivo principal 

Adaptar ambas as Directivas á evolución e necesidades dos mercados, en particular: establecer a liquidación en período nocturno e tamén entre sistemas conectados (interoperables); incluír os dereitos de crédito como aptos para servir de garantía en operacións financeiras, harmonizando o seu contido e utilización; a protección de participantes nos sistemas esténdese ás entidades de diñeiro electrónico.

  • Estado actual

Adoptada proposta formal pola Comisión o 24 de abril de 2008.

Foi aprobada e publicada no DOUE o 10-06-2009.

Data límite para a incorporación ao Dereito Español: 30-12-2010

 

5. PROPOSTA DE DIRECTIVA DO PARLAMENTO E DO CONSELLO pola que se coordinan as disposicións legais, regulamentarias e administrativas sobre determinados Organismos de Investimento Colectivo en Valores Mobiliarios (OICVM).
  • Obxectivo principal
  •  
  • Obxectivo principal

Modernizar o réxime aplicable ás Institucións de Investimento Colectivo (IIC) mediante a introdución de regulación harmonizada sobre fondos principal-subordinado e fusións de IIC. Ademais mellórase o funcionamento do pasaporte para as IIC e introdúcese un documento mellorado de información ao investidor. A proposta amplía ademais as competencias do supervisor e o procedemento de cooperación entre supervisores de distintos Estados membros.

  • Estado actual 

Adoptada proposta formal pola Comisión o 16 de xullo de 2008.

Foi aprobada e publicada no DOUE o 17-11-2009.

Data límite para a incorporación ao Dereito Español: 30-06-2011

6. PROPOSTA DE REGULAMENTO DO PARLAMENTO E DO CONSELLO sobre as Axencias de Cualificación Crediticia.

  • Obxectivo principal 

Establecer un sistema de recoñecemento, rexistro e supervisión das axencias de cualificación por parte da autoridade pública.

  • Estado actual 

Adoptada a proposta formal pola Comisión o 12 de novembro de 2008. 

Non publicada aínda no DOUE.

Xa finalizou o debate no grupo do Consello a final de abril e tamén emitiu o seu informe o Parlamento Europeo, con acordo entre ambos os dous órganos.

Agora estase pendente de aprobación formal e publicación no DOUE



7. PROPOSTA DE DIRECTIVA DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO relativa aos xestores de fondos de investimento alternativos e pola que se modifican as Directivas 2004/39/CE e 2009/..../CE.ore. 

  • Obxectivo principal 

Establecer o réxime das Institucións de Investimento Colectivo non reguladas, que teñen risco sistémico. 

  • Estado actual  

Presentada a proposta da Comisión o 4 de maio de 2009.

Desde finais de maio ata a data, fóronse celebrando reunións, nas que quedaron patentes as diverxencias entre os Estados membros.

La Presidencia Sueca no consiguió un acuerdo en el Consejo. La Presidencia Española llevó el texto al COREPER del 4 de Marzo y lo llevará al del 10 de marzo.Podría llevarse al ECOFIN del 16 de marzo.

 

Menu Servicios

  • Contactar