Logotipo del MEH

Menú Izquierda

Contenido

Ampliación gratuíta da súa hipoteca

O pasado 18 de abril de 2008 aprobouse en Consello de Ministros un Acordo para facer gratuíta a ampliación do prazo dos préstamos hipotecarios. O compromiso ao que chegaron o Goberno (Ministros de Economía e Facenda e de Xustiza), as principais asociacións de entidades de crédito e os rexistradores e notarios permite que as persoas físicas amplíen as súas hipotecas sen custo ningún. Para iso é necesario, en primeiro lugar e de maneira fundamental, o acordo previo con cada entidade de crédito para proceder á ampliación do prazo e, ademais, que os clientes sexan titulares dun préstamo con garantía hipotecaria inmobiliaria, para o financiamento, construción, rehabilitación ou adquisición da súa vivenda habitual.

Este acordo finaliza a súa vixencia o 22 de abril de 2010.

Así mesmo, o Acordo de Consello de Ministros recollía o compromiso para a elaboración dunha guía informativa para poñer a disposición do público. Esta guía recolle dun xeito sinxelo e claro os pasos que ten que dar calquera persoa que, poñéndose de acordo coa súa entidade, desexe ampliar o prazo da súa hipoteca de maneira gratuíta.

bullet Información en tríptico para obter unha ampliación gratuíta do prazo do seu préstamo hipotecario.

 

Menu Servicios

  • Contactar