Menú Izquierda
Contenido
Xestión das conxelacións a individuos e entidades incluídas en listas internacionais.
- Os terroristas precisan medios para perpetrar os seus atentados, o que leva ao desenvolvemento de diversas fórmulas para a xeración de fondos. Uns fondos que circulan no sector estruturado e non estruturado da economía. O seguimento das correntes de diñeiro non só axuda a evitar ataques, senón que pode proporcionar información útil para investigacións posteriores.
- O sistema de sancións financeiras é un instrumento importante para asegurar a eficacia das medidas contra o financiamento do terrorismo. Descansa na elaboración dunhas listaxes de terroristas que inclúen os datos e filiación dos mesmos. Estas listaxes deben ser obxecto de comprobación polos suxeitos obrigados no desenvolvemento das súas actividades comerciais, de xeito que, se se detecta a algunha das persoas incluídas na lista, se debe proceder ao bloqueo dos fondos ou activos propiedade da mesma.
- 1. Marco da Unión Europea de obrigado cumprimento.
- A conxelación de activos na Unión Europea (UE) ten como base os Regulamentos 2580/2001 e 881/2002 (anteriormente 467/2001) aos que se engadiron máis de cincuenta modificacións dende o momento da súa aprobación, esencialmente para modificar as súas listas e engadir novas persoas ou entidades..
- O Regulamento 881/2002 oriéntase contra a denominada rede Al-Qaida (incluídos os seus asociados). Mediante este instrumento comunitario, a Comisión engade ao acervo comunitario as orientacións do Comité de Sancións do Consello de Seguridade de Nacións Unidas, establecido de conformidade coa Resolución 1267 (1999).
- O Regulamento 2580/2001 é, pola contra, máis amplo no seu enfoque, sendo aplicable a todas as organizacións e individuos que o Consello acorde engadir ás súas listaxes anexas
- Aínda que diferentes no seu ámbito, ambos Regulamentos comparten un mesmo enfoque preventivo, establecendo medidas análogas. De especial relevancia para o sector financeiro é a denominada conxelación ou bloqueo de activos vinculados ao terrorismo que esixe impedir calquera movemento, transferencia, alteración, utilización ou transacción de fondos que puidese dar lugar a un cambio de volume, importe, localización, propiedade, posesión, natureza ou destino destes fondos, ou calquera outro cambio que puidese facilitar a utilización dos mesmos, incluída a xestión da carteira de valores.
- Na súa condición de Regulamentos, estes dous instrumentos son de aplicación directa e inmediata por todas as persoas da UE e, especialmente,po las entidades financeiras, que deben bloquear calquera tipo de activos das persoas designadas.
- A Dirección Xeral do Tesouro e Política Financeira, como autoridade nacional competente que figura no Anexo de ambos Regulamentos, colabora e orienta ás institucións financeiras (suxeitos directamente obrigados en virtude dos Regulamentos comunitarios) na efectiva aplicación das medidas de conxelación,nos casos en que estas requiren información sobre algún cliente da súa entidade que aparece nas listas internacionais de terroristas.
- Para facilitar aos suxeitos obrigados o coñecemento das persoas que foron designadas, a Comisión da UE e a Federación Bancaria Europea puxeron en marcha unha base de datos única sobre individuos e persoas suxeitas a conxelación, que pode descargarse e facilitar o traballo de busca ás entidades financeiras, unha vez que a designación formal se realizou. O sitio web onde se atopa a lista é o seguinte:
- (http://europa.eu.int/comm/external_relations/cfsp/sanctions/index.htm)
- Partindo desta información, cando unha entidade detecta que o nome dun cliente seu coincide co dalgunha persoa sometida a medidas de conxelación, poden realizarse a petición da entidade e sen prexuízo da inmediata conxelación dos fondos, as xestións necesarias a fin de verificar se a identidade da persoa en cuestión coincide ou non coa da persoa suxeita a medidas de conxelación.
- Neste sentido, unha vez comunicada esta información á Dirección Xeral do Tesouro, dende esta unidade solicítase información adicional á Garda Civil, á Policía Nacional e ao Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación para tentar confirmar os datos dos clientes da entidade que coinciden cos incluídos nas listas.
- Recibida esta información aclaratoria, no caso de que se puidese obter grazas a existencia de datos ao respecto, dáse traslado da resposta aos interesados para que estes decidan, sobre esa base, se procede ou non desbloquear os fondos.
- Así mesmo, corresponde á Dirección Xeral do Tesouro determinar, a solicitude do interesado, as exencións das conxelacións de fondos que correspondan polas causas indicadas nos Regulamentos (necesidade para sufragar gastos básicos, honorarios profesionais, etcétera).
- Como último paso do proceso, a Dirección Xeral do Tesouro comunicará á Comisión Europea os datos de todas as conxelacións de fondos que se produzan en España (datas, cantidades, persoas afectadas, etc.). A Comisión da UE, a súa vez,remitirá os datos enviados polos Estados Membros ao Comité 1267 de Nacións Unidas, para que actúen en consecuencia.
- Procedemento de liberación de fondos conxelados procedentes de determinadas entidades financeiras de Irán
- REGULATIONS COUNCIL REGULATION (EU) No 961/2010 of 25 October 2010 on restrictive measures against Iran and repealing Regulation (EC) No 423/2007
- A conxelación de activos na Unión Europea (UE) ten como base os Regulamentos 2580/2001 e 881/2002 (anteriormente 467/2001) aos que se engadiron máis de cincuenta modificacións dende o momento da súa aprobación, esencialmente para modificar as súas listas e engadir novas persoas ou entidades..
- 1. Marco da Unión Europea de obrigado cumprimento.