Logotipo del MEH

Contenido

Valores da Débeda Pública

 

    • Desde principios dos anosoitenta, o Reino de España vén sendo un participante activo dos mercados de capitais internacionais, o que permitiu a diversificación das fontes de financiamento e da distribución do risco. Como resultado, na actualidade, o Tesoro está considerado un emisor soberano de prestixio e solvencia, feito que é recoñecido polas principais axencias internacionais de cualificación crediticia.
    • Na actualidade, o financiamento en divisas ten un papel complementario ao financiamento en euros. Un dos seus obxectivos prioritarios, ademais da posible obtención de aforro en custo a través de operacións de arbitraxe, é diversificar a base investidora internacional en bonos do Reino de España. O peso da débeda do Tesoro denominada en divisas na débeda total en circulación sitúase arredor do 1.5%.
    • Adicionalmente, existe un stock de débeda denominada en euros e moedas euro, orixinalmente emitida en moeda estranxeira, pero que, cando estivo en vigor a terceira fase da Unión Económica e Monetaria, pasou a ser débeda en moeda nacional. Inicialmente, tratábase de Eurobonos en marcos alemáns e francos franceses, emitidos baixo os procedementos habituais do euromercado. O seu importe foi diminuíndo conforme se amortizaron as operacións vivas, de xeito que hoxe só se atopa en circulación unha emisión que orixinalmente se realizou en francos franceses e que se amortizará en abril de 2012.
    • A composición por moedas da débeda en divisas do Tesoro (antes de swaps) mostra unha preeminencia dos bonos denominados en dólares, seguidos a distancia, por yens e libras esterlinas. Por instrumentos, destaca o segmento composto por instrumentos negociables: eurobonos e Notas a Medio Prazo, sendo nula na actualidade a participación de préstamos. A exposición da carteira de débeda ás divisas é nula, xa que a totalidade destas emisións cóbrense mediante swaps, de xeito que non se incorre en risco de tipo de cambio.

Menu Servicios

  • (abre fiestra nova)Serv. inf. telefónica
  • (abre fiestra nova)Chamámoste
  • (abre fiestra nova)Suscripción al Boletín
  • (abre fiestra nova) Exemplos de investimento
  • abre fiestra nova Contactar