Logotipo del MEH

Contenido

Participantes en el mercado de Deuda pública

  •  

  • viñeta As Entidades Xestoras levan as contas de quen non está autorizado a operar directamente a través da Central de Anotacións. Para iso, manteñen unha conta global na Central de Anotacións que constitúe en todo momento a contrapartida exacta daquelas contas, denominadas contas de terceiros.

  • viñeta Ademais, as Entidades Xestoras, excepto as axencias de valores, poden rexentar a condición de Titular de Conta a nome propio na Central de Anotacións. Esta condición adicional será obrigatoria para poder actuar cos seus terceiros ofrecéndolles contrapartida en nome propio. As axencias de valores, polo contrario, só poden adquirir ou manter por conta propia Débeda Pública anotada a través doutra Entidade Xestora.

  • viñeta Requisitos

    A condición de Entidade Xestora é outorgada polo Ministro de Economía e Facenda, a proposta do Banco de España e tras o informe da Comisión Nacional do Mercado de Valores, a aquelas entidades que pertenzan a algunha das seguintes categorías:
  • 1. Sociedades de valores e axencias de valores.
  • 2. Bancos, caixas de aforro, incluídos o Instituto de Crédito Oficial e a Confederación de Caixas de Aforro.
  • 3. Cooperativas de crédito.

  • O acceso á condición de Entidade Xestora e o seu mantemento esixirá a concorrencia dos seguintes requisitos nas entidades:
  • 1. Que conten cun capital ou dotación mínimos desembolsados de unos 900.000€ (150 millóns de pesetas), e, posteriormente, cuns niveis mínimos de recursos propios proporcionais ao volume de actividade e aos riscos asumidos.
  • 2. Recoñecida honorabilidade comercial ou profesional en todos os membros do seu Consello de Administración, que haberá de contar como mínimo con tres membros, así como nos seus Directores Xerais e asimilados.
  • 3. Que ningún dos membros do seu consello de administración, así como ningún dos seus Directores Xerais ou asimilados fora declarado en creba ou concurso de acredores sen que fora rehabilitado, se atope procesado ou teña antecedentes penais por delitos de falsidade contra a Facenda Pública, de infidelidade na custodia de documentos, de violación de segredos, de malversación de caudais públicos, de descubrimento e revelación de segredos contra a propiedade ou estea inhabilitado, penal ou administrativamente, para exercer cargos públicos ou de administración ou dirección de entidades financeiras.
  • 4. Que a maioría dos membros do seu consello de administración conte con coñecementos e experiencias axeitados en materias relacionadas co mercado de valores.
  • 5. Que se comprometan a contar cunha organización e uns medios persoais e materiais tecnicamente axeitados ao carácter e volume de actividade que vaian desenvolver e cumpran efectivamente este compromiso. A entidade solicitante deberá acreditar suficientemente que está en situación de cumprir tal compromiso desde o primeiro momento

  • viñeta Solicitude

    O acceso á condición de Entidade Xestora debe solicitarse mediante o correspondente escrito presentado no Banco de España especificando se desexa operar cos seus comitentes en réxime de capacidade plena ou de capacidade restrinxida.

    O Banco de España, tras o informe preceptivo da Comisión Nacional do Mercado de Valores, elevará a súa proposta de resolución ao Ministro de Economía e Facenda a través da Dirección Xeral do Tesoro e Política Financeira. Esta Dirección Xeral comunicaralle á Central de Anotacións, de ser o caso, o outorgamento da condición de Entidade Xestora. Este outorgamento será obxecto de publicación no "Boletín Oficial do Estado".

    O Banco de España mantén un rexistro público das entidades que teñen a consideración de Entidades Xestoras.

  • viñeta Revogación

    A condición de Entidade Xestora pode ser revogada polo Ministro de Economía e Facenda a proposta do Banco de España, tras o informe da Comisión Nacional do Mercado de Valores, e tras a audiencia do interesado nos casos seguintes: :
  • 1. Polo desenvolvemento, durante un ano, dun volume de actividade nulo ou inferior ao que teñen establecido.
  • 2. Cuando incumplan, de modo sobrevenido, los requisitos exigidos para el otorgamiento de dichas autorizaciones.
  • 3. Cando incumpran, de modo sobrevido, os requisitos esixidos para o outorgamento destas autorizacións.

  • A revogación da condición de Entidade Xestora implica que a entidade ou intermediario financeiro afectado non poderá, a partir da adopción de tal medida, realizar outras operacións que aquelas das que derive unha redución definitiva dos seus saldos de terceiros na Central de Anotacións. Sen prexuízo diso, mentres a entidade conserve saldos de terceiros anotados na Central, debe seguir cumprindo as súas obrigacións

  • viñeta Suspensión

    Igualmente pode acordarse a suspensión ou a limitación do tipo ou do volume das operacións que poidan realizar as correspondentes entidades durante o tempo necesario para o restablecemento da normalidade. Estas medidas deben ser comunicadas polo Banco de España ao Ministerio de Economía e Facenda para que o Ministro, no prazo de dous días, ratifique ou, no seu caso, levante a medida.

    A suspensión da condición de Titular de Conta na Central de Anotacións produce o mesmo efecto ca a revogación, pero só durante o prazo que se determine na resolución correspondente.

  • viñeta Funcións

    As Entidades Xestoras desempeñan importantes funcións de rexistro e de compensación e liquidación para os seus clientes.

    Dentro das funcións de rexistro, as Entidades Xestoras deben manter permanentemente actualizados os rexistros correspondentes aos seus saldos de terceiros, con identificación dos seus titulares, datos da emisión, saldos nominais, condicións da adquisición, situación xurídica e, de ser o caso, compromisos de revenda. Así mesmo, están obrigadas a entregarlles aos compradores dos Valores del Tesoro un resgardo acreditativo da compra e das condicións desta (tipo de débeda, importe investido, rendementos...) ao inscribilos nos seus rexistros. Estes resgardos son simples acreditacións do rexistro da operación e en ningún caso títulos físicos que se poidan comprar ou vender.

    Dentro da función de custodia, as Entidades Xestoras están obrigadas a comunicar diariamente á Central de Anotacións o saldo global por conta de terceiros e semanalmente o detalle de todas as operacións realizadas por eles.

  • viñeta Clases

    Entidades Xestoras con capacidade plena:
  • 1. Entidades Xestoras con capacidade plena:
  • Son aquelas entidades autorizadas a realizar todo tipo de operacións cos seus comitentes e que rexentan a condición adicional de Titular de Conta a nome propio na Central de Anotacións.

    A regulación esíxelles un capital de 4,5 millóns de euros (750 millóns de pesetas) e un saldo mínimo de clientes de 120 millóns de euros (20 billóns de pesetas).  
  • 2. Entidades Xestoras de capacidade restrinxida:
  • Son aquelas que só poden ofrecer contrapartida no nome propio aos seus clientes nas compravendas ao contado. Se carecen de conta propia na Central de Anotacións as súas operacións con terceiros están limitadas á actuación como simples comisionistas.

    Esíxeselles un saldo mínimo de clientes de 6 millóns de euros (1.000 millóns de pesetas).

Menu Servicios

  • (abre fiestra nova)Serv. inf. telefónica
  • (abre fiestra nova)Chamámoste
  • (abre fiestra nova)Suscripción al Boletín
  • (abre fiestra nova) Exemplos de investimento
  • abre fiestra nova Contactar