Logotipo del MEH

Contenido

Mercado Primario



  •  

  • viñeta A emisión de Débeda Pública debe estar autorizada por lei

  • viñeta A Lei Xeral Orzamentaria concédelle un elevado grado de liberdade ao Goberno para a xestión da Débeda Pública, coa única limitación de respectar as restricións establecidas na Lei de Presupostos Xerais do Estado de cada exercicio ou noutras leis.

  • viñeta Concretamente, na Lei de Presupostos Xerais do Estado de cada exercicio dispóñense os criterios xerais aos que se axustará a emisión de Débeda Pública ao longo do ano correspondente e fíxase o límite máximo de emisión. Trátase dun límite global, sen distinguir entre diferentes tipos de Débeda Pública (interna ou externa, por instrumentos, etc.). Así, o Goberno, e por delegación o Ministra de Economía e Facenda (que pola súa vez delega a maior parte dos seus poderes na Dirección Xeral do Tesoro e Política Financeira), pode elixir libremente calquera tipo de instrumento de Débeda, as súas características e o procedemento de colocación. Ademais, pode alterar o volume total de Débeda en circulación, a través de emisións adicionais, amortizacións anticipadas e trocos. Todos estes aspectos regúlanse nun Real decreto e nunha Orde Ministerial que se aproban e publican ao inicio de cada exercicio.

  • viñeta Por último, en Resolucións da Dirección Xeral do Tesoro e Política Financeira, detállanse algunhas cuestións relativas ás emisións dos diferentes instrumentos de Débeda do Estado para o exercicio, tales como o calendario correspondente ás poxas ordinarias ou as táboas de equivalencia entre prezos e rendementos.

  • viñeta Por outra parte, o Banco de España actúa como axente financeiro do Estado, encargándose da xestión da Central de Anotacións, onde se liquidan e compensan as operacións realizadas no mercado español de Débeda Pública anotada. Esta tarefa é perfectamente compatible coas limitacións relativas á prohibición da monetización e financiación privilexiada do déficit público establecidas no Tratado de Maastricht, e recollidas na Lei 13/1994, do 1 de xuño, de Autonomía do Banco de España. Por este motivo, tamén é relevante a normativa contida nas Circulares do Banco de España.

Menu Servicios

  • (abre fiestra nova)Serv. inf. telefónica
  • (abre fiestra nova)Chamámoste
  • (abre fiestra nova)Suscripción al Boletín
  • (abre fiestra nova) Exemplos de investimento
  • abre fiestra nova Contactar