Menu Secundario
Contenido
Outras Formas de Investimento
- Strips
- Depósitos
- Repos
- Fondtesoro
Bonos e Obrigacións segregables. Os "strips" de Débeda Pública
Os Bonos y Obligaciones del Estado que se emiten desde xullo de 1997, denominados "segregables", presentan dúas características diferenciais fronte aos Bonos y Obligaciones del Estado emitidos con anterioridade a esta data:
Posibilidade de "segregación": isto é, posibilidade de separar cada bono en "n" valores (os chamados strips ),
un por cada pago que a posesión do bono dea dereito a recibir. Así, dun Bono a 5 anos poderían obterse 6 "strips": un por cada pago de cupón anual,
e un sexto polo principal, ao cabo dos 5 anos. Cada un destes strips pode ser posteriormente negociado de forma diferenciada do resto de strips procedentes do bono.- Esta operación de segregación transforma un activo de rendemento
explícito (bono ou obrigación) nunha serie de valores
de rendimiento
implícito - bonos
cupón cero --, cuxa data de vencemento e valor de
reembolso coinciden cos dos cupóns e principal do activo orixinario.
Os bonos
cupón cero teñen unhas características financeiras peculiares
que os fan especialmente atractivos para determinados investidores.
Os strips son unha forma de cubrir esa demanda sen necesidade de aumentar a gama de valores emitidos polo Tesoro.
Ademais, permítese realizar a operación inversa á descrita, é dicir, a reconstitución do activo orixinario a partir dos bonos cupón cero procedentes da súa segregación.
O seu tratamento fiscal máis favorable para suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades: o cupón dos Bonos y Obligaciones del Estado segregables non está suxeito a retención, e tampouco sofren retención os rendementos implícitos xerados polos bonos
cupón cero ( strips ) procedentes da súa segregación.
Todo o resto de características dos Bonos e Obrigacións segregables (prazos de emisión, frecuencia de cupón, método de emisión... ) son idénticas ás dos Bonos e Obrigacións "non segregables".
O Tesoro comezou a emitir valores segregables en xullo de 1997. A segregación propiamente dita e a negociación dos "strips" resultantes iniciouse en xaneiro de 1998.



