Menu Secundario
Contenido
Os Fondtesoro (fondos de investimento en Valores del Tesoro)
As vantaxes dos Fondtesoro son en primeiro lugar as propias dos fondos de investimento:
- 1. Permiten ao investidor gozar dunha xestión profesionalizada do seu aforro e diversificar o seu investimento
- Aínda que o investidor tamén pode diversificar comprando gran cantidade de Valores do Tesouro distintos, isto suporíalle uns custos considerables e requiriríalle investir unha gran cantidade de diñeiro; os Fondtesoro permítenlle, mesmo cunha cantidade investida relativamente reducida, adquirir unha participación en todos os Valores do Tesouro que o Fondtesoro teña na súa carteira, así como, noutros valores de renda fixa privada e renda variable. Isto pode beneficiar ao investidor de dous xeitos:
Fronte aos Bonos e Obrigas, unha carteira ben diversificada adoita presentar un valor de mercado menos sensible a variacións do tipo de interese que os Bonos e Obrigas individuais.
Fronte ás Letras, existe unha segunda vantaxe: mentres que para adquirir unha Letra é necesario dispor dun importe próximo a 1.000 euros, para adquirir unha participación nun Fondtesoro son necesarios tan só 300,00 € ou menos.
Ademais os Fontesoro PLUS, permiten conxugar as vantaxes de Débeda Pública coas da Renda variable.
- 2. As vantaxes fiscais dos fondos de investimento
-
Os FondTesoros xeran ganancias ou perdas patrimoniais no momento en que se transmitan ou reembolsen as participacións. A parte das ganancias patrimoniais xerada con anterioridade a 20 de xaneiro de 2006 e derivada de participacións adquiridas antes de 31 de decembro de 1994 reducirase un 14,28% por cada ano de permanencia que exceda de dous. A estes efectos, o número de anos de permanencia será o comprendido entre a data de adquisición das participacións e o 31 de decembro de 1996, redondeado por exceso..
-
A ganancia patrimonial está suxeita a retención do 19% a conta do Imposto e tributará coa taxa de gravame da renda do aforro (19%)*.
A estas vantaxes, propias dos fondos de investimento en xeral, únenselles as propias dos Valores do Tesouro: a mellor combinación de seguridade e rendibilidade (ver vantaxes dos Valores do Tesouro).
Así a todo, tamén cómpre prestar atención a algúns aspectos do investimento en Fondtesoro, que son comúns aos de calquera fondo de investimento. Fronte á alternativa de investir directamente en Valores do Tesouro, poderían mencionarse dous posibles desvantaxes:
- - As comisións adoitan ser superiores ás que cobraría unha entidade xestora por manter Valores do Tesouro por conta do investidor (aínda que a cambio o investidor obtén os beneficios de diversificar o seu investimento).
- - Os Fondtesoro reflicten no seu valor liquidativo as variación dos prezos no mercado, polo que o seu valor liquidativo pode aumentar ou diminuír diariamente. Así, fronte á alternativa de adquirir directamente Valores do Tesouro e mantelos ata o vencemento, a situación sería a seguinte :
Fronte a Bonos e Obrigas, unha carteira ben diversificada adoita presentar un valor de mercado menos sensible a variacións da taxa de xuro que os Bonos e Obrigas individuais.
A través dun Fondtesoro, o investidor adquire a prezos de mercado unha participación na carteira do fondo; cando desexa que a súa participación sexa reembolsada, o importe que se lle devolve é o valor de mercado da súa participación, é dicir, a súa porcentaxe de participación no fondo multiplicado polo valor de mercado da carteira de valores do fondo. Ao reembolsar a prezo de mercado asume o risco de que, segundo a evolución dos tipos de xuro, o prezo de mercado de venda sexa inferior ao de compra e, daquela pode experimentar unha perda no seu investimento ou pola contra, pode igualmente ocorrer que o prezo de mercado no momento da venda sexa superior ao da compra e neste caso obterá unha rendibilidade positiva. Esta rendibilidade é superior nos fondos a longo prazo fronte aos de curto prazo.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
* Gravarase coa taxa do 21% na parte da base liquidable que exceda os 6.000 euros.



