Logotipo del MEH

Contenido

A Venda dos Valores del Tesoro



  • viñeta  Todos os Valores do Tesouro poden venderse antes do seu vencemento no mercado secundario. Para iso abonda con dar a orde de venda á entidade financeira onde se adquiriron. Se os valores foron adquiridos directamente no Banco de España ou a través de internet a orde de venda tramitarase a unha entidade xestora, membro de contas directas no mercado electrónico de Bolsa de renda fixa que estableceron unha quenda de oficio, grazas á cal as comisións que se cobran son moi reducidas por un acordo entre ditas entidades xestoras, o Banco de España e o Tesouro Público. Ditas comisións son de aproximadamente un 2,5 por mil do nominal pola operación e un 1,5 por mil do valor nominal pola transferencia de efectivo.
    • Na actualidade os membros de contas directas no mercado electrónico de Bolsa de Débeda Pública, a través dos cales se tramitará a venda, son:
  • GVC Gaesco ValoresEspirito SantoRenta4


  • viñeta  Por outra parte, as entidades financeiras xeralmente teñen establecidas nas súas tarifas unhas comisións por venda de valores, que oscilan entre un 0,1 e un 1 por 100 do importe nominal da operación. O seu importe descontarase do prezo de venda.
  • viñeta  Un aspecto importante que hai que destacar é que cando o investidor decide vender os seus títulos no mercado secundario, pode sufrir perdas sobre o investimento que realizou inicialmente, o que non acontece se os títulos se manteñen ata o seu vencemento. Esta perda pode darse se os tipos de xuro no mercado aumentaron desde que realizou o investimento; neste caso, o dereito que outorga unha Letra, Bono ou Obrigación a recibir certas cantidades no futuro pasa a ter un menor valor actual ou prezo de mercado. Con iso, a cantidade que reciba o investidor pode ser inferior á que investiu inicialmente.

  • viñeta Polo tanto, a seguridade plena que outorgan os Valores del Tesoro de non sufrir perdas no investimento dáse soamente cando os valores se manteñen ata o seu vencemento; se se venden antes desta data, asúmese o risco de que a venda se realice a un prezo inferior ao de adquisición dos valores, segundo as circunstancias de mercado. As variacións nos tipos de xuro tamén poden xogar a favor do investidor (cando evolucionan en sentido á baixa), co que lle reportarían un beneficio superior ao esperado ao realizar o investimento.

Menu Servicios

  • (abre fiestra nova)Serv. inf. telefónica
  • (abre fiestra nova)Chamámoste
  • (abre fiestra nova)Suscripción al Boletín
  • (abre fiestra nova) Exemplos de investimento
  • abre fiestra nova Contactar